Wednesday, August 27, 2008

Ludovic llorca clausura “A TERRAZA Do MOVE” Este xoves




Download Llorca Electric Summer Mix 08

A TERRAZA DE MOVE Music & Sound
@ Recinto Ferial Expo Coruña
este jueves...

Ludovic llorca clausura “A TERRAZA Do MOVE”

Evento: A Terraza do MOVE #7
Lugar: Expocoruña
Horario: De 21:00h a 02:00h

O encargado de pechar este ciclo é un dos músicos máis destacados da música electrónica, actuando de perfecto colofón a un cartel que reuniu durante todo o verán a coñecidos nomes deste estilo no panorama nacional e internacional.


“A Terraza do MOVE”, o proxecto de cultura e ocio de EXPOCoruña que vén de achegarnos os mellores axentes en música electrónica durante todo o verán, clausura este xoves a súa primeira edición da man do compositor francés, Ludovic LLorca. Este recoñecido artista ven a ser o colofón perfecto a este ciclo musical xa que estamos ante un Dj que goza de gran popularidade en Europa debido ao masivo éxito dos seus discos que son líderes de ventas en todo o continente.

Este proxecto englobado dentro de MOVE Music & Sound, a programación musical de EXPOCoruña para o ano 2008, comezou a súa andaina o 10 de xullo renovándose semanalmente cunha nova sesión de música electrónica a cargo dos artistas máis recoñecidos do panorama nacional e internacional. Segundo Ana Montes, Directora Xerente de EXPOCoruña, “este proxecto ven a ser a mostra dunha proposta alternativa dentro da axenda cultural da cidade como proba da filosofía dinámica e flexible do recinto feiral”

A obra artística de Ludovic Llorca é o resultante dunha mestura de música electrónica, groove, jazz, funk e soul que se podería clasificar nun elegante estilo de nu-jazz. Este artista ofrecerá unha serie de pezas compostas coa axuda dun computador sen a participación de instrumentos e co único engadido dos vocalistas. A paixón de LLorca pola música electrónica veulle dada pola súa nai quen o inicia na escoita de temas disco e house.

Tras a publicación de dous maxis orientados ás pistas de baile, comeza unha nova etapa máis intimista que culminaría coa saída ao mercado de Newcomer, o disco de máis sona que se converteu na sorpresa do ano chegando a posicionarse nas listas de éxitos máis importantes e catapultando ao seu novo creador á esfera máis punteira da música electrónica. Nel pódense escoitar temas como My precious thing ou Índigo blues de gran repercusión por toda Europa cos que obtería un enorme éxito tanto comercial como de crítica superando as 170.000 copias vendidas en todo o continente.

Na década dos noventa funda xunto a David Duriez a discográfica Brique Rouge e o dúo de productores Les Maçons de la Musique.

Nesta derradeira sesión, VJ The End, coñecido membro do grupo de artistas electrónicos da cidade da Coruña aportará as súas presentacións audiovisuais como viña sendo costume nas anteriores citas.

JUEVES 28.08.2008 @ Recinto Ferial Expo Coruña
21:00h - 02:00h // Entrada Libre


More Info:
www.move2digital.net
www.housecafemusic.com

No comments: